Temos que facer que os nosos nenos teñan algo que contar
ANAMERI
Centro de lecer

NÓS
Somos un centro de lecer situado en Rúa Vila de Rianxo (Padrón- A Coruña) destinado a nenos de entre 2 e 12 anos. No que ofrecemos diferentes actividades cada día, tanto no interior como no exterior, partindo do xogo como medio de aprendizaxe para desenvolverse en todos os aspectos e respectando sempre os desexos e as necesidades dos nenos.
A idea de crear esta empresa xurdiu ao finalizar os nosos estudos superiores e grazas ao noso espiritu emprendedor, iniciativa e ilusión por acceder ao mercado laboral, por iso decidimos crear a nosa empresa.
O obxectivo do noso centro de lecer é contribuír ao desenvolvemento constante e equilibrado de todas 1as posibilidades dos nenos/as, en canto á formación física, cognitiva e afectivo-social.
Metodoloxía
Baseámosnos nunha metodoloxía activa e participativa, Isto permite ao neno ser o protagonista da súa propia aprendizaxe, mentres as educadoras só son facilitadoras dese proceso. Promovese o diálogo co obxectivo de contrastar ideas, é flexible polo que podemos variar as actividades en función das necesidades dos nenos e fomenta as relacións cos compañeiros.
O noso persoal
Contamos cun persoal que tena formación académica adecuada para asegurar a tranquilidade dos pais e que as necesidades dos nenos estean atendidas de xeito correcto.
Todo o persoal está coordinado para asegurar que o traballo se está facendo correctamente e ver si pode haber posibles melloras no traballo realizado.

Chámanos:
xxx
Tablón de novas
Xa chega o verán
Como preparación da chagada do verán os nenos desfrutaran de diversas actividades...
29 de xuño, 2018
Saída a casa de Rosalía
O próximo xoves os nenos visitarán a casa/museo de Rosalía...
24 de xuño, 2018
Visita sorpresa
Hoxe recibimos a visita dun escritor da Comarca do Sar...
23 de xuño, 2018